O Concello de Narón e a AVV Altea de Xuvia organizan unha festa de Entroido

A concelleira de Fiestas, Natalia Hermida, e a secretaria da Asociación de Veciños Altea, de Xuvia, Fina Sabín, han presentado este viernes, día 10 de febrero os actos de Entroido que se celebrarán na citada parroquia o domingo 19 deste mes.

A programación dará comezo ás 12.30 horas na pista polideportiva de Xuvia, onde os asistentes poderán desfrutar dunha sesión vermú, a actuación do grupo Tip´YCools e inchables que se instalarán para a ocasión no patio do CEIP Ponte de Xuvia.

Haberá monitores para os inchables dende as 12.30 ata as 14.30 horas, tal e como se indicou dende a organización. Ó mediodía, a partir das 14.30 horas dará comezo o xantar popular organizado pola entidade veciñal Altea.

Sopa, cocido, postre de entroido, pan, bebida e café forman o menú que se servirá na xornada, para a que se poderán adquirir os tickets na cafetería do local da AVV Altea a prezos populares a partir deste sábado, día 11 de febreiro, de luns a sábado en horario de mañá e tarde e os domingos pola mañá.

A festa continuará pola tarde, de 16.00 a 20.00 horas, cos inchables para os nenos e ás 17.30 comezará a actuación infantil de A Gramola Gominola. A celebración rematará cun baile infantil, que dará comezo ás 18.30 horas e no que todos os asistentes poderán desfrutar desta festa do Entroido, aberta á asistencia da cidadanía en xeral.

As persoas que desexen máis información poden contactar coa entidade veciñal a través dos números de teléfono 981 393 561 ou 685 244 527 ou do correo electrónico: av.altea2003@gmail.com

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …