O BNG de Narón informou acerca do seu posicionamento con respecto ó pleno

O BNG de Narón viuse obrigado a «botar en contra dos orzamentos de Narón» defendeu este xoves 29 de decembro, o concelleiro Geno Carballeira e «a retirada do III Plan de Igualdade» tal e como defendeu Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón

O BNG de Narón, a través dun comunicado lamenta «que os orzamentos de novo presentados en Narón sexan unha copia do xa coñecido nesta lexislatura e sen apenas novos investimentos (non chegan a millón e medio de euros dos rozamentos totais)»

«Consideramos populistas as declaración do concelleiro de facenda no pleno desta xoves, día 29 de decembro, falando de que o 90% dos orzamentos que presenta se executan cando isto é porque o 90% dos orzamentos de Narón son para gasto corrente: pagar nóminas e facturas de gasto corrente» afirman

«Reclamamos que executen as obras dos modificados de crédito presentados nesta lexislatura onde gastaron os remanentes do concello. Preocúpanos e moito que partir de agora poida darse o caso de comezar de novo a ter débeda no concello cando entramos nesta lexislatura coa débeda a cero grazas ó traballo previo do BNG»

III Plan de Igualdade

«Volvimos pedir a retirada do borrador presentado do III Plan de Igualdade por honestidade e, tamén, por non estar correxido, por facer referencia a táboas e enquisas que non aparecen recollidas no plan e porque así llo fixemos chegar en comisión hai máis dunha semana»

«Fixémolo na comisión coa vontae de chegar a acordo pero non houbo vontade pola concellería de igualdade. Así, informamos de erros en datas e que, preocupantemente, só se fai referencia nun parágrafo sobre a violencia machista en Narón (e para dicir que non teñen datos concluíntes porque o CIM de Ferrol así llo fai saber)»

«Sabemos que é necesario un CIM (Centro de Información á Muller) na octava poboación deste país porque precisamos medidas específicas para unha igualdade real e efectiva e presentouse como plan algo que non existe. Si existe un traballo técnico previo pero falta a parte política e as conclusións»

«O feminismo é un camiño de loita e de consensos e nunca houbo achegamento por parte da concellería para este tema» conclúen

Lea también

Inaugúrase en Narón o Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia

O Centro de Interpretación dos Muíños Indutriais de Xuvia (CIMIX) está xa aberto á cidadanía …