O programa «Animarúa» terá lugar en Narón este domingo

 
O concelleiro de Promoción Económica do Concello de Narón, David Pita, avanzou este xoves día 15 de decembro, a programación de Animarúa Nadal 2022, unha convocatoria que se levará a cabo este domingo, día 18, na praza de Galicia.
 
“Temos un completo programa con propostas pensadas para persoas de todas as idades que se desenvolverán en horario de mañá e tarde e haberá tamén un sorteo dunha cesta con produtos de Nadal”, indicou. A programación comezará ás 11.45, cunha exhibición de baile da academia Comparte á que seguirán dúas da academia Un Paso Adelante, unha ás 12.30 e outra de UPA Jump ás 17.00
 
 
Tamén haberá propostas de animación infantil, unha con Elfos a cargo de Tropa Clauss, ás 13.00, o espectáculo Cantabaila, de temática pirata ás 17.30 e obradoiros de maquillaxe e tatoos de purpurina dende as 18.45 horas.
 
O apartado literario tamén estará moi presente neste evento, concretamente en horario de tarde, a partir das 17.00 horas. Tres escritores da comarca presentarán os seus libros nun espazo habilitado para ese fin.
 
Os autores, autopublicados,  serán María Isabel Cagiao, que escribiu “Gomets I” e “Gomets II”; Juan Galán, autor de “Romanza de los naranjos en flor” e “El eco de tu voz” e Isabel Ramos, que escribiu “Hasta el infinito y más allá”.
 
Finalmente terá lugar o concerto do grupo musical The Cruze, que versionará temas rock das décadas dos 70, 80 e 90 a partir das 20.00 horas. Entre todas as persoas que acudan ó concerto sortearase unha cesta con produtos de Nadal.
 
“Animamos ós veciños de Narón e doutros concellos a achegarse a Narón para desfrutar desta xornada que organizamos un ano máis e que confiamos en que sexa do seu agrado” asegurou Pita

Lea también

Inscrición aberta en Narón na “I Liga de verán base Santa Icía”

O concelleiro de Deportes presentou este luns 15 a “I Liga de verán base Santa …