O BNG de Narón organiza un acto sobre as alternativas á crise de prezos

O BNG de Narón organiza este martes, día 13 de decembro, ás 19:15 h, no local social do Alto, un acto informativo para «coñecer as alternativas que presenta á crise de prezos, contando coa presenza de Rubén Cela, economista e Presidente da Fundación Galiza Sempre»

“Alternativas como tomar medidas urxentes para controlar os prezos dos combustíbeis e dos produtos básicos de alimentación son moi necesarias nesta crise de prezos que estamos sufrindo” indica Marta Grandal, responsable local do BNG de Narón.

Rubén Cela

O acto estará presentado pola portavoz municipal do BNG de Narón, Olaia Ledo e contará coa intervención de Rubén Cela, membro da Executiva Nacional.

“O BNG presentou propostas no Parlamento para paliar a crise de prezos, que parece máis unha estafa que nada. Entre elas podemos falar da intervención pública no mercado eléctrico para controlar os prezos, creando unha tarifa eléctrica galega tendo en conta que Galicia é unha das maiores produtoras de enerxía; incremento da presión fiscal sobre as grandes empresas e patrimonios e persecución da fraude fiscal” indica Olaia Ledo.

O acto englóbase na campaña que fai o BNG informativa contra esta crise de prezos e que rematará cunha manifestación o 18 de decembro polas rúas de Compostela, con saída ás 12 ha da Alameda. “Esta crise levaranos a un incremento dos desafiuzamentos que desde o BNG pedimos que se suspendan mentres non haxa unha estabilidade económica na sociedade, e tamén a que a mocidade cada día teña menos posibilidades de acceder a unha vivenda en aluguer ou en propiedade”, comenta Olaia Ledo.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …