O concelleiro de Sanidade do Concello de Narón, Santiago Galego, informou que este mércores, día 30 de novembro, de 19.30 a 21.00 horas, instalarase xunto ó centro de saúde unha mesa para recoller sinaturas en apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública
O edil recordou que no pleno do pasado mes de setembro aprobouse unha moción presentada conxuntamente por Terra Galega, PSOE e BNG en apoio á citada ILP. A través desta iniciativa denúncianse os continuos recortes e o desmantelamento da sanidade pública galega, especialmente en Atención Primaria, para reducir gastos e favorecer á sanidade privada.
Dende os tres grupos políticos que presentaron a moción amosouse o apoio a esta ILP da Plataforma SOS Sanidade Pública, integrada por organizacións sociais, sanitarias, de pacientes, sindicais e políticas, a través da que se insta ó Parlamento autonómico a aprobar unha serie de medidas.
Entre elas, establecer a atención presencial ó paciente como regra xeral nas consultas médicas, incrementar o persoa médico, reabrir consultas, centros de saúde e PAC pechados nos últimos anos, e acabar coa inestabilidade e precariedade do persoal, entre outras.