Aprobación unánime en Narón dunha declaración institucional con motivo do 25N

Os grupos municipais de Terra Galega, PSdeG- PSOE, BNG e PP, que forman a corporación local do Concello de Narón, aprobaron por unanimidade na sesión plenaria celebrada o xoves, día 24 de novembro, unha declaración institucional con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia machista

Na citada declaración se recollen as seguintes manifestacións: Ratificar o compromiso do Concello de Narón co Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero lembrando a necesidade de continuar avanzando no seu desenvolvemento e na súa renovación e actualización, así como o especial papel que xogan os Concellos no mesmo.

Seguir traballando na ruptura do silencio, a sensibilización e concienciación á cidadanía do problema estrutural da sociedade que supón a violencia machista. Instar á mellora na coordinación continua entre os diversos axentes sociais implicados na violencia contra as mulleres.

Debemos mellorar a resposta institucional a todos os niveis, evitando o risco de victimización secundaria e mellorando a confianza das vítimas. Demandar a utilización de todos os recursos que sexan necesarios na asistencia, axuda e protección das vítimas, os seus fillos e fillas. Manter o compromiso do Concello de Narón a seguir impulsando o debate social para que o público deixe de ser privado.

Os Concellos somos a maioría das veces o primeiro recurso e, en ocasións, o único do que dispoñen as mulleres en procura de reparo e denuncia da violencia que sofren. Instar a todas as administracións a dar un impulso á formación dos axentes implicados para garantir unha resposta especializada e integral ás vítimas.

Demandar da Xunta de Galicia, atendendo aos informes feitos pola FEGAMP, a aprobación dun programa de ampliación e extensións dos CIM, reforzando o financiamento anual dos mesmos de tal maneira que este cubra os custes de persoal e de mantemento, así como o desenvolvemento de actividades e programas de prevención da violencia machista e de promoción da igualdade.

Continuar colaborando coas asociacións da sociedade civil que loitan contra a violencia machista e traballan pola igualdade de homes e mulleres. Expresar o apoio do Concello de Narón a todos os actos e mobilizacións feministas convocadas ao abeiro do 25 de Novembro contra a violencia machista.

Entre outros asuntos tamén se aprobaron por maioría dúas modificacións de crédito así como a modificación da ordenanza fiscal nº1 xeral de xestión, recadación e inspección.

No apartado de mocións, foi aprobada por unanimidade a moción presentada polo Partido Popular sobre urbanización da DP-5406, Avenida Miguel de Cervantes. Se aprobaron por maioría dúas mocións presentadas polo BNG, unha moción relativa a instar ao Goberno galego a tomar as medidas para o fomento do sistema de transporte público por estrada, e outra moción sobre problemas na infraestrutura do centro de saúde.

Tamén se aprobou por maioría unha moción presentada polo PSdeG-PSOE para instar á Xunta de Galicia a que cumpra co Pacto e o Fondo de Cooperación Local.

Lea también

Seitura 22 aprueba una ayuda para la ampliación del centro de Nuestra Señora de Chamorro

 La asociación de desarrollo rural Seitura 22 ha resuelto la convocatoria de ayudas Leader correspondiente a la anualidad de …