O Auditorio municipal de Narón acolle a conferencia «A voz do silencio»

A Asociación Áurega, de familias de nenos con altas capacidades, talentos e inquedanzas intelectuais, programou unha conferencia para este sábado, día 29 de outubro, ás 17.00 horas no Auditorio municipal de Narón sobre “A voz do silencio”, no que se abordará o tema do acoso escolar e a importancia de previr, detectar e intervir ante este tipo de situacións.

A presidenta da Asociación No al Acoso Escolar (NACE), Carmen Cabestany, será a relatora desta ponencia, para a que se poden inscribir as persoas interesadas a través do enlace: https://bit.ly/3DcBqEP

Lea también

La AVV de Piñeiros Narón convoca una reunión para tratar la mejora de la seguridad vial de la carretera do Feal

  José Francisco Pita presidente de la Asociación Vecinal de Piñeiros expone a través de …