A praza de Galicia de Narón acolle os actos centrais do Día Internacional das Bibliotecas

 
A música e os libros foron este sábado, día 22 de outubro os protagonistas no acto central do Día Internacional das Bibliotecas que se celebra hoxe na praza de Galicia.
 
O Concello de Narón deseñou un completo programa para festexar esta data, que comezou ás 11.30 horas cun espectáculo de narración oral e monicreques protagonizado por Bea Campos, “Os tres osos”. Numerosas persoas acudiron a ver esta proposta, dirixida a bebés de 0 a 3 anos e no que durante media hora se narrou o conto dos tres osos.
 
A segunda das propostas matinais foi “A grandeza do pequeno”, que ás 12.30 horas protagonizo Iseo Agilda para menores a partir de 4 anos. Os nenos interactuaron coa protagonista desta peza, na que se fai comprender ó público que o que nos fai grandes ou pequenos non é o noso tamaño senón a nosa capacidade de soñar e tomar decisións.
 
Pola tarde retomarase a programación ás 17.00 horas, co obradoiro “Querida poeta”, para menores a partir de 5 anos. A poeta María Lado dinamizará este obradoiro de creación de postais con poemas e técnica de collage dirixido a trinta persoas e que require inscrición previa.
 
A representación teatral, “A máquina do tempo”, a cargo da compañía Teatro Ghazafelhos, que dará comezo ás 18.30 horas, pechará a programación desta xornada, ilustrando dun xeito ameno e pedagóxico a historia das civilizacións. Pepablo Patinho e Montse Piñón realizarán un percorrido pola historia a través de dous chamativos personaxes, a doutora Mon e o seu axudante Pe, que vivirán diferentes épocas da historia.
 
Baixo a carpa tamén os nenos tiveron a oportunidade de pintar láminas con diferentes ilustracións nunhas mesas instaladas para a ocasión, ler en colchonetas… e habilitouse ademais un espazo con publicacións da sección de adultos, información xeral, prensa, novidades de adultos, unha sección infantil, novidades infantil, entre outro material da Biblioteca Municipal de Narón.

Lea también

Axenda en Narón do 22 ao 23 de novembro

Venres 22 de novembro de 2024 Actividade: Obradoiro de defensa persoal para as mulleres Hora: …