O Pazo da Cultura de Narón acolle a proxección da película “Distrito 9”

A última das tres proxeccións do ciclo de cine “Ciencia ficción para axitar conciencias” organizado polo Concello de Narón e o Cineclube Serie B terá lugar este mércores, día 19 de outubro, no Pazo da Cultura.

As persoas que o desexen poderán ver, ás 20.00 horas, o filme “Distrito 9”, de Neill Blomkamp (2009), no que se abordan temas como o racismo, a segregación e os prexuízos raciais, a manipulación mediática e o poder das grandes corporacións.

O ciclo de cine “Ciencia ficción para axitar conciencias» iniciouse o pasado 28 de setembro, coa proxección de “Hijos de los hombres”, de Alfonso Cuarón (2006). A inmigración, a manipulación informativa e o terrorismo son os temas que se abordan nesta película.

As sesións continuaron o pasado 5 de outubro con “Farenheit 451”, de François Truffaut (1966), unha adaptación da distopía de Ray Bradbury na que se reflexiona sobre o totalitarismo, a censura e a liberdade de pensamento.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …