Últimas prazas para o espectáculo de narración oral “Un saco de contos”, Narón

A concelleira de Ensino e Bibliotecas do concello de Narón, Mercedes Taibo, recordou que aínda quedan algunhas prazas libres para poder inscribirse na actividade “Un saco de contos”, de María da Pontragha, que terá lugar este mércores, día 19 de outubro, ás 18.00 horas no Centro Cívico Social do Alto do Castiñeiro.

Para anortarse nesta proposta, de balde, hai que facelo a través do correo electrónico a.pita@naron.es, indicando o nome da actividade, o nome e idade do neno, o nome da nai, do pai ou da persoa que o acompañará, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto.

Este espectáculo enmárcase no programa Apego, de socialización de nenos en galego. É unha proposta de narración oral, tal e como indicou Taibo, dirixida a menores de 3 a 6 anos e na que os contos e as cancións de tradición oral serán os protagonistas

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …