Narón acolle a conferencia “A voz do silencio” sobre o acoso escolar

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, presentaron este martes, día 11 de outubro, xunto con Estela Brañas e Begoña Ramos, vicepresidenta e secretaria, respectivamente, da Asociación Áurega, a conferencia “A voz do silencio”, sobre acoso escolar, prevención, detección e intervención.

A convocatoria, tal e como indicou Ferreiro, terá lugar o vindeiro 29 de outubro de 17.00 a 19.00 horas no Auditorio municipal de Narón e require inscrición previa.

A presidenta da Asociación No al Acoso Escolar (NACE), Carmen Cabestany será a encargada de falar aos asistentes sobre esta temática, tal e como indicaron dende Áurega. Así mesmo, destacaron a colaboración do Concello e da citada entidade para poder levar a cabo en Narón esta conferencia, á que animaron a acudir á cidadanía.

Ferreiro subliñou a importancia “de continuar traballando conxuntamente coas entidades e coa sociedade en xeral, tal e como dende hai anos vimos facendo dende o Concello de Narón, para ofrecer información e ferramentas encamiñadas a erradicar o acoso escolar, unha conduta que lamentablemente está aí a día de hoxe e que non se pode tolerar”.

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo, de balde, a través do enlace: https://bit.ly/3Cm6xx7

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …