Venres 9 de setembro de 2022
Actividade: “VII Torneo internacional de fútbol Cidade de Narón” Hora: 20.00 Lugar: Estadio Río Seco
O Concello organiza este evento deportivo xunto coa Sociedade Deportiva Cultural e Recreativa Narón “O Freixo” e a Real Federación Galega de Fútbol. Un total de 23 clubs e 43 equipos participarán neste torneo, no que en conxunto se disputarán 128 partidos.
Actividade: “Mostra aberta creativa” Hora: 20.00 Lugar: Pazo da Cultura
O Pazo acolle unha mostra aberta do proceso de creación da bailarina e creadora Elvi Balboa e do bailarín e creador Ignacio J. Cabello, titulado Knifelike.
Actividade: “VIII Trofeo Cidade de Narón de fútbol sala” Hora: 21.00 Lugar: Complexo polideportivo municipal da Gándara
O Concello colabora co Club Cidade de Narón neste evento deportivo, no que xogarán o Cidade de Narón e o Parrulo FS. A entrada é de balde.
Sábado 10 de setembro de 2022
Actividade: “VII Torneo internacional de fútbol Cidade de Narón” Hora: De 8.45 a 22.00 Lugar: Estadio Río Seco