O Padroado de Deportes de Narón abre o prazo de inscripción a vindeira semana

O Padroado de Deportes de Narón abrirá o 8 de setembro para os veciños de Narón e posuidores do bono familiar o prazo de inscricións da tempada 2022-2023 nas piscinas, escolas deportivas do pavillón, conveniadas, de clubs e ximnasio, mentres que as persoas doutros concellos deberán facelo a partir do vindeiro día 19 e ata o 30 deste mes.

O concelleiro de Deportes, José Oreona, indicou que as inscricións deben tramitarse nas oficinas do complexo polideportivo da Gándara, en horario de 8.30 a 13.30, excepto as conveniadas e de clubs que se realizarán nas respectivas entidades.

No caso das escolas deportivas do complexo polideportivo e piscina da Gándara e actividades de nado libre, ximnasia de mantemento, ioga, pilates e musculación, comezarán a tempada o 1 de outubro. No que respecta ás actividades conveniadas e outras de clubs, atletismo, balonmán, tiro con arco, fútbol, fútbol sala, baloncesto, piragüismo, golf, boxeo, kick boxing, voleibol,  xinmasia rítimica, patinaxe artística… a inscrición levarase a cabo nos propios clubs, podendo tamén informarse sobre as mesmas nas oficinas do complexo polideportivo municipal da Gándara.

As persoas que en xuño estivesen inscritas nas actividades continuarán dadas de alta a non ser que tramiten a baixa, xestión que poden facer ata o vindeiro 14 de setembro no rexistro xeral do Concello, no Padroado de Deportes ou na Sede Electrónica do Concello de Narón.

As persoas que desexen recibir máis información poden dirixirse ó complexo polideportivo municipal da Gándara, no número 148 da estrada da Gándara, ou chamar ó teléfono 981 387 522.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …