A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, desprazouse este xoves, día 1 de setembro, á Biblioteca municipal para asistir á inauguración da exposición “Narart, unha ponte á arte”
A rexedora local estivo acompañada por outros edís da corporación e por representantes da Asociación Narart (Narón, amigos del arte), ós que felicitou polo seu traballo.
A mostra poderá verse ata o 15 deste mes na planta soto da Biblioteca. A exposición é colectiva de pinturas e imaxes, con preto de oitenta obras realizadas por integrantes da Asociación Narart: Lucía Bouza, Manuel Carballeira, María José García, Juan García, Maite López, Katy Martín, Manoli Miraz, Esther Piñán, Crisanto Poveda, Carmen Rodríguez, Rosa María Rodríguez, Mercedes Urriza e Juan Rafael Zaplana.
O horario de visita será do 1 ó 7 de setembro de martes a venres entre as 10.00 e as 13.00 horas e os luns e mércores de 18.00 a 21.00 horas e dende o 8 ata o 15 de setembro, incluídos, de luns a venres de 17.00 a 20.00 e os sábados de 10.00 a 13.00 horas