Medio cento de rapaces participan dende o pasado 17 de xullo no campamento “Plan Verán 2022” organizado pola Asociación Deportiva de Ocio e Tempo Libre Croio, no marco do convenio impulsado a través do Concello de Narón.
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e os edís de Ensino, Mercedes Taibo, e Mocidade, Pablo Mauriz, desprazáronse este martes, día 26 de xullo, ó CPI do Feal, donde se desenvolve a iniciativa, para visitar ós participantes nesta convocatoria.
Ferreiro e os edís naroneses conversaron con representantes da organización e tamén coas rapazas e rapaces que participan, cos que tiveron a oportunidade de almorzar. Un tempo que aproveitaron para explicarlles que tipo de actividades se levan a cabo neste campamento, vencelladas a diferentes áreas, como o medio ambiente, o deporte, a saúde…
O “Plan Verán 2022” retomouse este ano, tras dous sen celebrarse debido á pandemia, e rematará o vindeiro 29 de xullo.
“Foi un verdadeiro pracer compartir un tempo cos participantes neste campamento, que un ano máis é todo un éxito e no que os rapaces desfrutan duns días de convivencia, de actividades moi variadas, excursións e, en definitiva, dun tempo de lecer moi esperado nesta tempada de verán”, asegurou Ferreiro.