O BNG reclama que Narón sexa Concello preferente para adquirir axudas do Fondo da Transición Xusta

O BNG de Narón a través dun comunicado afirma que «o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico respondeu por escrito ó BNG no Congreso dos Deputados que Narón non entrará no convenio de transición xusta»

Desde o bloque «sorpréndelles que a alcaldesa e o delegado da Xunta falaran sobre este convenio esta mesma semana cando tamén se lles remitiu igual resposta desde o goberno do estado»

«O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico decidiu non ter en conta a petición do concello de Narón a través de Declaración Institucional e, tamén, a petición conxunta do consistorio e a Asociación de Empresarios de Ferrolterra polo que procedeu á non inclusión do Convenio de Transición Xusta de As Pontes a Narón»

O BNG engade que «con data de 31 de Abril facía o propio no congreso para reclamar que se tivera en conta Narón neste convenio pero a resposta foi igualmente negativa»

Desde o BNG «consideran inxusta a decisión pero, ante o anuncio de 111 millóns de euros para a provincia para a “transición xusta” por parte do Ministerio e que será xestionado desde a Xunta de Galicia reclaman que o concello pida “de maneira oficial” que Narón non só opte polas axudas se non que sexa considerado concello preferente por estar afectado directamente polo peche da central das Pontes “sorprendeunos que na xuntanza do delegado da Xunta e a alcaldesa esta semana volvesen falar do Convenio cando eles teñen a mesma resposta que se lle deu ó BNG no congreso de que non vai ser»

O BNG engade «máis sorpresa aínda foi que o delegado anunciara unhas axudas que tamén somos coñecedores desde hai tempo e que se dan desde o Ministerio e con xestión da Xunta». «Sabemos que Narón pode optar a unha parte deses 111 millóns destinados á provincia da Coruña pero, o goberno galego debe saber que non só optamos se non que debemos ter preferencia polo que supón o peche da térmica na nosa cidade en canto postos de traballo e industria relacionada” indica Ledo, voceira municipal do BNG.

Desde o BNG consideran «moi positivo que todos os grupos representados no pleno mostrasen consenso nunhas axudas necesarias e que afectan directamente ós veciños de Narón» “cremos que todos os grupos debemos estar unidos nisto e facer forza para poder ter parte do Fondo da Transición Xusta” afirma Olaia Ledo.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …