A parroquia de Piñeiros, Narón, acolle en xullo unha “Fin de semana Cultural e Gastronómica”

A concelleira de Festas, Natalia Hermida, presentou este xove, día 16 de xuño, xunto co presidente da Asociación de Veciños de Piñeiros, Francisco José Pita, e José Luis Teijeiro e Santiago Vázquez, tesoureiro e vogal da citada entidade, o programa da “Fin de semana Cultural e Gastronómica” que se celebrará na citada parroquia os días 2 e 3 de xullo

A zona de estacionamento da igrexa parroquial de Piñeiros acollerá os actos previstos, que o día 2 inclúen o “VIII Encontro de Rondallas Concello de Narón”, a partir das 17.30 horas, e no que participarán as formacións Añoranzas, Rondalla Mugardesa, Só Elas e Lucero del Alba. A cita inclúe a maiores, ó remate do acto, unha sardiñada popular.

Na xornada do 3 de xullo celebrarase o “XVI Encontro de Bandas de Gaitas Memorial Lolete”, que este ano dende as 11.30 horas contará coa actuación da banda de gaitas Marino Tapiega, de Asturias. Trala actuación dará comezo a “XIII Festa do churrasco”, cun menú a base de paella, churrasco, liscos, chourizo criollo, patacas, pan, bebida postre e café. A churrascada e o baile posterior estarán amenizados polo cantante Jorge Latino.

Dende a AVV de Piñeiros o presidente avanzou que os tickets tanto para a sardiñada do sábado como para a churrascada do domingo estarán á venda o propio día do evento baixo a carpa que, con sillas, se habilitará para o apartado gastronómico. Así mesmo, Pita indicou que as persoas que desexen reservar mesa con anterioridade poden facelo chamando ó número de teléfono: 630 758 663.

A concelleira de Festas e os representantes da entidade veciñal de Piñeiros amosaron a súa confianza en que a veciñanza acuda a estas celebracións, que se recuperan tras dous anos de pandemia.

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …