Narón, premio ó Mellor Proxecto Estabilizado polo programa «Do berce á rúa»

O Concello de Narón recibiu o Premio ó Mellor Proxecto Estabilizado por “Do berce á rúa”, impulsado a través do Servizo de Normalización Lingüística de Narón.

A edil de Ensino, Mercedes Taibo, e a técnica de Normalización Lingüística de Narón, Adela Pita, desprazáronse este sábado á igrexa do Convento de Santa Clara, en Pontevedra, para recoller a distinción.

A Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua convocou este ano a terceira edición destes premios, que teñen entre as súas finalidades “recoñecer e proxectar o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística, valorar e difundir proxectos positivos e seleccionar boas prácticas que poden servir como modelos”, tal e como indicaron dende o colectivo.

O programa municipal “Do berce á rúa” é un espazo web lúdico educativo que ofrece ás familias numerosos recursos en galego dirixidos a menores de 0 a 6 anos. A través da web: https://naronengalego.gal/dinamizacion/#berce apóstase pola participación das familias á hora de incorporar o galego na comunicación dende o primeiro momento, co que se ofrecen xogos, contos, cancións… e outros recursos e consellos sobre a crianza. O portal tamén se dirixe a profesorado de Infantil e das escolas infantís.

A edil de Ensino e responsable do Servizo de Normalización Lingüística agradeceron o premio do certame Mil Primaveras, destacando o feito de que “supón un gran incentivo para continuar traballando nesta liña”. Taibo subliñou ademais que “este é un recoñecemento ás familias que se implican neste programa, sen as que non sería posible acadar os obxectivos que nos plantexamos a través do mesmo”.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …