Celebración da Recreación das Lendas da Pena Molexa, no Val, Narón

As Lendas da Pena Molexa retómase este ano en Narón cunha programación deseñada para tres xornadas e que presentaron a alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, e a tesoureira da AVV “Os Irmandiños” do Val, Patricia Pantín.

Ferreiro avanzou que o acto central terá lugar o día 18 deste mes, se ben o programa inclúe dúas propostas anteriores, unha este mesmo sábado, día 4, que consistirá nunha ruta cicloturista polo patrimonio do Val e que sairá ás 11.00 horas do Centro Cívico Social do Val.

Esta primeira actividade conta coa colaboración do equipo de Educación Viaria do Concello naronés e poderán asistir todas as persoas que o desexen, que terán a oportunidade de coñecer de preto o patrimonio da parroquia do Val. A Ruta cicloturista discorrerá por zonas de castros, casas medievais e construcións eclesiásticas, como son no caso desta parroquia da cidade a igrexa de Santa Margarita ou o convento de Baltar.

O vindeiro venres, día 10, ás 22.30 horas celebrarase a andaina solsticial, entre o convento de Baltar e a Pena Molexa. As persoas que desexen participar levarán fachos no percorrido que realizarán durante esta tradicional ruta propia da festividade de Pena Molexa.

Os actos centrais terán lugar o día 18, en horario de tarde-noite. Ás 18.00 dará comezo unha sesión de xogos populares e deporte rural e ás 20.00 unha churrascada popular para, a continuación, amenizar a celebración cun concerto de música popular da agrupación “3 Pesos”, ás 22.00 horas.

A Lenda da Fada da Pena Molexa, que dá nome a esta tradicional festividade, comezará ás 00.00 horas, cunha recreación a cargo de alumnado da Escola de Teatro de Narón, que representarán a historia dunha moura que pola noite se convertiu en rocha coincidindo co solsticio de verán. Finalmente, ás 00.30 horas haberá regresará de novo a música popular, nesa ocasión a cargo de “Os Feroces da Galgueira”.

Marián Ferreiro agradeceu o traballo que cada ano realizan os veciños do Val “para manter viva esta festividade, unha das máis representativas, pola súa historia, da nosa cidade e que nos permite manter viva unha tradición cultural da parroquia”.

Lea también

Aparece en un río de Narón el cadáver de un hombre de ochenta años de edad

Los Bomberos de Narón han rescatado en el río Santa Cecilia,-Freixeiro, en la parroquia de …