Convenio de colaboración co Cineclube Serie B en Narón

A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura do Concello de Narón, Marián Ferreiro, asinou este venres, día 27 de maio, un convenio de colaboración co Cineclube Serie B, representado polo seu presidente, Alberto Pena.

Na convocatoria, que se levou a a cabo no Concello, estivo tamén presente Anabel Valera, secretaria do Cineclube Serie B. En virtude ó acordo rubricado entre as partes, por un importe de 3.000 euros, ten por obxecto ofertar á cidadanía ciclos de cine nos que se proxecten películas ás que o público xeral non pode acceder nas salas de cine convencionais (cine independente, en galego, de baixo orzamento, filmes de directores noveis).

O eixe vertebrador deses ciclos serán cuestións de interese social, como o cambio climático, a violencia de xénero, o papel da muller ao longo da historia, a diversidade sexual e de xénero, a desigualdade social e a saúde mental, tal e como se contempla no convenio.

“Organizaranse eses ciclos no Pazo, sempre que sexa posible, para poder proxectar no vindeiro semestre do ano sobre unha ducia de películas nas que se aborden esas temáticas e con entrada de balde, ó tempo que tamén se tratarán de organizar charlas e coloquios con profesionais da sétima arte e montaranse algunhas exposicións itinerantes”, avanzou Ferreiro.

A alcaldesa destacou o labor que desenvolve na cidade o Cineclube Serie B “que xa colaborou con nós noutros eventos organizados na cidade e que nos permite poñer en valor unha serie de películas e actividades vencelladas ao sector cinematográfico para achegalas a toda a veciñanza”.

Ferreiro felicitou ós representantes da entidade e animounos a continuar traballando “ó igual que vides facendo, porque aínda sendo unha das entidades de máis recente creación en Narón, sodes xa todo un referente no mundo da sétima arte e grazas a vós contribuímos tamén dende o Concello a revalorizar a historia dos cineclubes en Galicia”.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …