O Pazo da Cultura de Narón acolle a representación da peza de teatro contemporáneo «Othello»

A compañía Voadora traerá este sábado, día 28, ó Pazo da Cultura, a peza de teatro contemporáneo “Othello”, baseada na novela escrita hai máis de 400 anos por William Shakespeare e dirixida agora por Marta Pazos, pero cuxa temática está de novo próxima no tempo.

A representación dará comezo ás 20.00 horas e as entradas teñen un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). Poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Unha muller europea e un home africano namóranse pero ó final el asasínaa, convertíndose Othello en vítima e verdugo debido a un feminicidio que xorde dunha mentira e por entender como propio o que non se pode posuír.

Na peza emprégase a comedia como xeradora do discurso sobre a dor e a rabia para que o público se pregunte que pode facer dende o presente para deter o tempo no relato, pero xa é tarde

Lea también

Club Arco Narón participa en el trofeo 35º Aniversario del Club Boa Vila

Este pasado sábado se ha celebrado en Pontevedra el Trofeo 35º Aniversario del club Boa …