Celebración do Día das Letras Galegas en Neda

O Concello de Neda conmemorará o Día das Letras Galegas cunha actividade pensada para nenos e maiores: un contacontos ilustrado baseado na biografía de Florencio Delgado Gurriarán con taller de caricatura incluído.

Celebrarase o domingo 22 de maio ás 12 horas na Casa da Cultura, e a participación é gratuíta, pero con inscrición previa. Está xa aberta e pode solicitarse a praza chamando ó 981 39 02 33 ou presencialmente no propio centro cultural.

O contacontos e obradoiro estará guiado pola compañía Polo Correo do Vento, especializado en actividades pensadas para o público máis novo coas que promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística dos nenos

A través da actividade, narrarán a historia da obra e vida do autor e, ó mesmo tempo, daranlle forma nun gran mural. Ó seu remate, o público poderá participar nun taller no que realizarán unha caricatura do poeta.

A actividade inclúese no programa Ler conta Moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …