Conmemoración do Día Internacional da Fibromialxia e a fatiga crónica en Narón

O Concello de Narón conmemorou o xoves, día 12 de maio, o Día internacional da Fibromialxia e a Fatiga crónica cunha serie de actos organizados en colaboración coa asociación Affinor

A citada noite a glorieta de Freixeiro permaneceu iluminada de cor morado, o representativo da fibromilaxia, e tamén se difundiu a pancarta conmemorativa desta data, que se colocará uns días no Concello e coa que sacaron unha imaxe integrantes da corporación local coa alcaldesa, Marián Ferreiro, á fronte.

A maiores, dende o Consistorio e Affinor impulsouse unha iniciativa para editar un vídeo con imaxes nas que se difundisen mensaxes de apoio ás persoas que sofren esa doenza. “Apoio á investigación”, “A miña dor non se ve pero existe”, “Por unha diagnose precoz”, “A fibromialxia precisa máis visibilidade”, “Coidarse é saúde”… e na que participaron tamén representantes da corporación local, veciñanza da cidade e integrantes de Affinor e outras asociacións

Dende o Concello agradeceuse a implicación de todas as persoas que se sumaron a esta iniciativa e avanzouse o vídeo que puido verse o citado xoves no Facebook do Concello de Narón.

Na web do Consistorio se respaldou ó colectivo cun espazo propio para darlle visibilidade con material descargable a todas aquelas persoas que quixeron sumarse ós actos do Día Internacional da Fibromialxia e a fatiga crónica.

Lea también

Inaugúrase en Narón o Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia

O Centro de Interpretación dos Muíños Indutriais de Xuvia (CIMIX) está xa aberto á cidadanía …