Os Consellos Territoriais continúan en Xuvia e en Sedes esta semana

O local social de Xuvia acollerá este martes, día 10 de maio, ás 18.00 horas, un novo Consello Territorial organizado dende a Escola de Participación Cidadá de Narón.

A edil responsable da área, Catalina García, recordou que a maiores, este xoves, día 12, celebrárase outro no local social de Sedes, tamén ás 18.00 horas.

O cronograma deseñado para manter estes encontros cos veciños da zona urbana e rural continuará este mes con novas citas: a vindeira semana en San Mateo, o día 19 na Escola da parroquia ás 18.00 horas e, a continuación, o día 24 en San Xiao, o 25 no Alto e o 31 na Gándara, nos tres casos tamén ás 18.00 horas e nos seus respectivos locais sociais.

Así mesmo, en xuño desenvolveranse os programados en Santa Icía-A Solaina, o día 2 no local social de Virxe do Mar ás 18.00 horas, e o 7 en Castro, ás 19.30 horas no local social “O Paraxe”

A edil de Participación Cidadá preside os Consellos Territoriais, ós que tamén acuden outros representantes dos grupos políticos da corporación local e persoal técnico da Escola de Participación de Narón. Nas sesións abórdanse, entre outros temas, as actividades programadas polas entidades para este ano e posibles vías de dinamización da participación cidadá.

As persoas que desexen asistir deben confirmar previamente a súa asistencia enviando un correo electrónico á dirección: escolaparticipacion@naron.es ou chamando ó número de teléfono 603 865 413. As datas e horarios de cada unha destas convocatorias poden consultarse na web do Concello de Narón e nas redes da Escola de Participación.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …