O BNG de Ferrol acusa a Mato de «actuar cínicamente» co PIREP

María do Mar López e Iván Rivas en rolda de prensa | Adán Puentes

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol considera «cínico» que o alcalde da cidade se atreva a «facer propaganda» dun programa, como o Pirep, diante do cal e coas competencias que ten como goberno local «actúa dun modo totalmente neglixente.«

Os nacionalista lembran que advertiron ao goberno local da «oportunidade de aproveitar unhas axudas que permitirían contar con fondos por 3 millóns de euros en dúas iniciativas para concellos de máis de 50.000 habitantes.»

O goberno local agardou «até o último momento» para presentar unha proposta para optar a estas axudas con dúas solicitudes que conxuntamente non chegan aos 600.000 «que supoñen a décima parte dos fondos aos que o Concello de Ferrol tiña dereito» nos que ademais unha delas é unha «solicitude absurda xa que xa conta con fondos nos orzamentos municipais«, como é o mercado de Recimil, «desbotando ás propostas que lle fixemos desde o BNG e que posibilitaría poder desenvolver novos traballos na cidade, como eran a segunda fase do mercado de Caranza e completar a rehabilitación do antigo Hospicio.«

O BNG considera que o goberno municipal, «unha vez máis, actúa de xeito frívolo e sen a previsión necesaria para poder captar máis fondos públicos co obxectivo de mellorar os edificios públicos da cidade tan necesitados de investimentos.«

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …