Narón acolleu este sábado a festa dos Maios

A celebración da tradicional festividade dos Maios encheu este sábado de flores a Praza de Galicia. O Concello e a Sociedade Cultural Areosa organizaron este evento, que comezou ás 11.00 horas coa elaboración dunha alfombra floral na Praza de Galicia, cun deseño do ilustrador naronés Leandro Lamas. Veciñas e veciños da cidade sumáronse a esta convocatoria, á que tamén acudiu a alcaldesa, Marián Ferreiro, e que se desenvolveu ao longo da mañá, cubrindo de flores un espazo duns cen metros cadrados. Nesa mesma ubicación tivo lugar un obradoiro de arte floral, tamén aberto á participación da cidadanía en xeral.

A programación dos Maios continuou p0la tarde, a partir das 16.30 horas, momento no que se concentrarán no Centro Cívico Social de Piñeiros os Maios que pariticiparon na comitiva que saiu ás 17.00 horas cara á Praza de Galicia. Esa comitiva formarona os Maios da Asociación Sociocultural ASCM, da Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros, das entidades veciñais Virxe de Fátima (Freixeiro), Rosa dos Ventos (Sedes), A Naveira (Doso) e da Fundación Terra de Trasancos (O Val). Unha vez que percorreron o tramo da estrada de Castela entre Piñeiros e a Praza de Galicia –que se cortou temporalmente ao tráfico rodado- sobre as 18.00 horas foron recibidos na citada ubicación con música, a cargo da Banda de Gaitas de Narón, a agrupación O Recuncho dos Pequechos, os grupos da Escola de Baile Tradicional Infantil e de Adultos e Alxibeira, do Padroado da Cultura.

Dende o Padroado da Cultura de Narón promovéronse nas últimas semanas varias actividades relacionadas cos Maios nos centros cívicos sociais, donde se impartiron obradoiros de arte floral -Piñeiros, O Val e San Mateo-. Así mesmo, nos centros de ensino da cidade tamén se levaron a cabo obradoiros dos Maios para alumnado de de Infantil e primeiro e segundo curso de Primaria dos colexios Virxe do Mar, Ponte de Xuvia, Escola do Val, Jorge Juan, Santiago Apóstol,  A Solaina, Ayala e Piñeiros, tal e como recordou Ferreiro. Aalcaldesa agradeceu novamente a implicación da comunidade educativa e das veciñas e veciños que axudan a manter viva esta festividade popular que se convoca a comezos da primaveira.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …