Presentación da obra «As oito da tarde, cando morren as nais» en Cedeira

O Centro Dramático Galego e o Concello de Cedeira celebrará o vindeiro luns, día 9, ás 12.00h no Auditorio Municipal, a presentación da obra As oito da tarde, cando morren as nais e do programa de funcións que vai ter lugar na vila entre o 19 e o 22 de maio

A nova produción do CDG, que leva á escea un texto de AveLina Pérez, iniciou o pasado día 14 de abril en Compostela unha xira que unicamente ten parada en catro concellos galegos, entre eles o de Cedeira, e dous portugueses.

Cedeira vai acoller catro funcións, unha delas para escolares e as outras tres para o público xeral. O CDG deseñou unha xira inclusiva, con funcións nas que haberá intérprete de lingua de signos, audiodescricións e subtítulos, que pretende achegar o teatro a un público amplio. Fletaranse autobuses desde diferentes puntos da comarca para que as persoas interesadas poidan asistir ás representacións.

A rolda de prensa contará coa participación de Fran Núñez, o director do Centro Dramático Galego, e o alcalde de Cedeira, Pablo Diego Moreda Gil, e a concelleira de Cultura, Ermitas García.

Lea también

Mugardos informa sobre los trabajos en curso para restablecer la iluminación afectada por los temporales

El Concello de Mugardos informa que continúa realizando intervenciones en distintos puntos del municipio para …