A XI Feira Multisectorial Agrícola abre as súas portas no recinto feiral do Trece, Narón

A primeira das tres xornadas da décimo primeira edición da Feira Multisectorial Agrícola organizada polo Concello de Narón terá lugar este venres, día 6 de maio, a partir das 18.00 horas.

Será entón cando abra as súas portas o recinto Feiral do Trece, en Sedes, donde se desenvolverá este evento que continuará ó día seguinte, domingo 7, en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas con entrada de balde, tal e como indicou o edil de Feiras e Mercados, Santiago Galego.

Un ano máis, a convocatoria resultará unha oportunidade para coñecer as últimas novidades na área da maquinaria agrícola, que permanecerán expostas no exterior das naves do Trece. Así mesmo, entre a trintena de postos que acudirán, tamén se poderán adquirir produtos ecolóxicos, artesáns, antigüidades, prantas ornamentais e da horta, artículos de coiro… e tamén de alimentación (conservas, queixos, embutidos), de agricultura e xardinería, entre outros.

O programa de actividades inclúe unha serie de obradoiros dirixidos a nenos, que aprenderán como plantar algunas especies. Non será preciso inscribirse previamente e poderán participar tamén de balde nos horarios establecidos: de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas os dous días.

No momento de acceder ó recinto entregarase aos asistentes unha rifa coa que poderán participar no sorteo de varios agasallos: árbores froiteiras, prantas, produtos da horta… que se realizarán o sábado e o domingo en horario de mañá e de tarde, xornadas nas que tamén, entre as 13.00 e as 14.00 horas, haberá unha degustación de produtos da terra.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …