Axenda para os vindeiros días en Narón

Xoves 5 de maio de 2022

Actividade: Consello Territorial de Doso Hora: 18.00 Lugar: Local social de Doso

O local da Asociación de Veciños “A Naveira”, de Doso, acolle esta tarde o Consello Territorial de Participación Cidadá. Estas convocatorias teñen entre os seus obxectivos mellorar o coñecemento do tecido asociativo da cidade e fomentar a colaboración e o traballo en rede co Concello.

Actividade: Conversa con Eli Ríos Hora: 18.00 Lugar: Biblioteca municipal do Alto

A escritora Eli Ríos, autora do libro “Luns” (Premio Torrente Ballester de Narrativa) participa nunha das conversas do Club de Lectura Feminista do Concello de Narón.

Venres 6 de maio de 2022

Actividade: Finais sub-16 e sub-19 do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol Sala Hora: 10.00 e 12.30 Lugar: Pavillón polideportivo da Gándara

O pavillón polideportivo da Gándara acolle este evento deportivo, organizado pola Real Federación Española de Fútbol en colaboración co Concello de Narón e a Real Federación Galega de Fútbol. A entrada é de balde.

Actividade: XI Feira Multisectorial Agrícola Hora: 18.00 Lugar: Recinto feiral do Trece (Sedes)

O Concello organiza a décimo primeira edición da Feira Multisectorial de Sedes, donde se amosarán as últimas novidades en maquinaria agrícola e tamén se poderán adquirir prantas, produtos ecolóxicos e artesáns. Haberá tamén obradoiros de balde para nenos.

Actividade: Teatro “Morte accidental dun anarquista” Hora: 20.30 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Talía Teatro trae a Narón este espectáculo, cuxas entradas están á venda no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es

Sábado 7 de maio de 2022

Actividade: Festividade dos Maios Hora: De 11.00 a 18.00 Lugar: Piñeiros/ Praza de Galicia

O Concello organiza a festividade a través do Padroado da Cultura xunto coa Sociedade Cultural Areosa. A partir das 11.00 horas elaborarase unha alfombra floral na Praza de Galicia (poderán participar todas as persoas que o desexen). Pola tarde, ás 16.30 horas concentraranse os Maios en Piñeiros, no Centro Cívico Social, para saír en comitiva pola estrada de Castela ás 17.00 horas e chegar á Praza de Galicia ás 18.00. Alí actuarán os grupos do Padroado e haberá unha mostra de arte floral. 

Actividade: I Obradoiro de defensa persoal Kajukenbo Hora: De 11.00 a 13.00 Lugar: Pavillón Campo da Serra

O Concello e o Club Combat Narón organizaron este evento, no que se ofrecerán unhas pautas básicas de defensa persoal. A asistencia ó mesmo é con inscrición previa.

Actividade: XI Feira Multisectorial Agrícola Hora: De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 Lugar: Recinto feiral do Trece (Sedes)

O Concello organiza a décimo primeira edición da Feira Multisectorial de Sedes, donde se amosarán as últimas novidades en maquinaria agrícola e tamén se poderán adquirir prantas, produtos ecolóxicos e artesáns. Haberá tamén obradoiros de balde para nenos.

Actividade: Teatro “Morte accidental dun anarquista” Hora: 20.00 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía Talía Teatro trae a Narón este espectáculo, cuxas entradas están á venda no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es 

Domingo 8 de maio de 2022

Actividade: XI Feira Multisectorial Agrícola Hora: De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 Lugar: Recinto feiral do Trece (Sedes)

O Concello organiza a décimo primeira edición da Feira Multisectorial de Sedes, donde se amosarán as últimas novidades en maquinaria agrícola e tamén se poderán adquirir prantas, produtos ecolóxicos e artesáns. Haberá tamén obradoiros de balde para nenos.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …