Axenda desta «finde» en Narón

Venres 4 de marzo de 2022

Actividade: VII Festival Internacional do monólogo teatral “Singular”: Molly Bloom Hora: 20.30 Lugar: Pazo da Cultura

A actriz Magüi Mira inaugura no Pazo a sétima edición deste festival cun monólogo no que encarna ó mítico personaxe da novela de James Joyce, un dos grandes textos literarios do século XX. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura, a un prezo de 12 euros para o público xeral e de 8,40 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

Sábado 5 de marzo de 2022

Actividade XXIV Trofeo de Bateis Cidade de Narón Hora: 16.00 Lugar: Enseada da Gándara

Unhas 94 tripulacións participarán neste evento deportivo, organizado polo Club de Remo Narón en colaboración co Concello de Narón. Nas diferentes categorías, os integrantes de doce clubs galegos realizarán percorridos de entre 500 e 3.000 metros pola enseada da Gándara.

Actividade: VII Festival Internacional do monólogo teatral “Singular”: Cadaval conta… Complexo de Edipo Hora: 20.00 Lugar: Pazo da Cultura

O actor galego Quico Cadaval é o autor e director deste monólogo, no que o ribeirán interpretará este relato mítico do que ofrecerá a súa mellor versión para a dala a coñecer fronte á orixinal de Sófocles. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura, a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos).

Domingo 6 de marzo de 2022

Actividade: “I Carreira pola Igualdade Concello de Narón” Hora: A partir das 10.00 Lugar: Saída e meta nas inmediacións do pavillón polideportivo da Gándara

A programación do Concello para conmemorar o Día Internacional da Muller inclúe este evento deportivo, no que participarán un total de 418 persoas en diferentes categorías

Actividade: VII Festival Internacional do monólogo teatral “Singular”: A nena que vivía nunha caixa de mistos Hora: 18.00 Lugar: Café Teatro do Pazo da Cultura

Este espectáculo da compañía Caramuxo Teatro está inspirado no conto “A vendedora de mistos”, de Andersen, e trata o tema da pobreza infantil e a orfandade cunha mensaxe positiva, sobre o poder do cambio. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura, a un prezo de 9,50 euros para o público xeral, de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 5,50 para menores de 12 anos

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …