Celebración do Entroido, este sábado, en Narón

As comparsas de Narón Os Parrandolos, Os Argalleiros e Semente de Trasancos, de Narón, e A Revolta de Trasancos, Os Colludos e As Xoaniñas do Chao, doutros concellos da comarca participarán este sábado, día 26 de febreiro, no desfile de Entroido e no Festival de comparsas organizado polo Concello naronés a través do Padroado da Cultura.

As agrupacións concentraranse ás 17.00 horas na praza da Gándara para, sobre as 17.15 horas saír en comitiva dende a Gándara ata A Solaina polas rúas Vigo, Concepción Arenal, Wenceslao Fernández Flórez, Trincheira, a Ponte das Cabras e estrada de Castela, para continuar polo cruce da Ferrolana en dirección á estrada de Santa Icía e a rúa da Solaina ata chegar á pista polideportiva da Solaina (Pista Verde), donde terá lugar o festival a partir das 18.00 horas.

Durante o percorrido que realizarán as comparsas haberá restricións no tráfico rodado que afectarán ás rúas anteriormente indicadas e que estarán debidamente sinalizadas.

As comparsas de Narón recibirán unha achega económica de 800 euros por parte do Padroado da Cultura de Narón, e as de fóra da cidade recibirán cada unha 400 euros. Sobre o escenario que se habilitará baixo unha carpa na pista polideportiva da Solaina actuarán as seis comparsas, debendo cantar cancións en galego e con temáticas relacionadas coa cidade.

O tempo da actuación non poderá superar os dez minutos e os integrantes do xurado,  integrarano unha persoa a proposta de cada comparsa e unha do Padroado da Cultura, valorarán as actuacións tendo en conta a orixinalidade dos disfraces, o enxeño da crítica feita na actuación, a calidade musical e o que cada actuación supoña de recuperación do Entroido en Galicia.

Ó final das actuacións entregaranse tres premios ás mellor clasificadas, que recibirán unha figura en recordo do Día do Entroido.

Lea también

O BNG de Narón denuncia o abandono da cartelería informativa das rutas de sendeirismo e etnográficas.

O BNG de Narón solicita ao goberno municipal o arranxo da cartelería informativa que se …