Creación da Mesa Local de Coordinación Institucional contra a violencia de Xénero en Narón

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Igualdade, Mar Gómez, reuníronse este venres, día 25 de febreiro, na Coruña coa subdelegada do goberno, María Rivas para impulsar a creación da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero na cidade, un documento que terá que someterse a aprobación plenaria, tal e como indicou Ferreiro.

A alcaldesa recordou que a xuntanza é froito do compromiso adquirido pola Subdelegación do goberno na Coruña e o Concello naronés a principios deste mes en Narón, no transcurso da Xunta Local de Seguridade, de crear esa Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero.

Ferreiro e Rivas acordaron manter a cooperación entre ambas administracións para rematar co machismo, incidindo na importancia de erradicar esta lacra social.

A rexedora local valorou positivamente o encontro mantido coa subdelegada do goberno e tamén a súa predisposición a colaborar na constitución do citado organismo. “É de vital importancia a colaboración entre administracións para poder abordar un problema tan grave como o da violencia de xénero dende o inicio, deseñando e aplicando medidas preventivas, sensibilizando á sociedade e poñendo en práctica políticas que permitan a súa detección precoz”.

Así mesmo, a alcaldesa destacou o traballo que se está realizando na cidade nesta materia, “donde traballamos coas asociacións, nos colexios, no mundo do deporte, da cultura… nesta mesma liña” e recordou que este mesmo mes se impulsou a través do Pacto de Estado contra a violencia de xénero o Punto Violeta de Narón.

“Neste Punto Violeta, informamos á cidadanía tanto dende a web do Concello como físicamente, cunha carpa móbil que levaremos aos diferentes eventos que se organicen no Concello, co fin de ofrecer asesoramento e axuda ás persoas que o precisen”, subliñou Ferreiro.

A alcaldesa recordou que o Punto Violeta de Narón estará mañá na praza da Solaina (18.00 a 22.00 horas), o día 6 de marzo nas inmediacións do Pavillón da Gándara (10.00 a 14.00) e o 8 de marzo na praza da Igualdade, coincidindo coa celebración de tres concurridos eventos na cidade, como o Entroido, a “I Carreira pola Igualdade” e os actos do Día Internacional da Muller, respectivamente.

“Dende o Concello de Narón continuaremos poñendo a disposición da cidadanía todos os recursos que estean ó noso alcance para contribuír na erradicación desta lacra e a constitución da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero é un paso máis neste camiño no que temos que continuar avanzando as administracións e a sociedade en xeral”.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …