Novo vehículo para ampliar o parque móbil da Policía Local, Narón

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, presentaron este xoves, día 24 de febreiro, o novo vehículo adquirido polo Concello para ampliar o parque móbil da Policía Local.

No acto estiveron tamén presentes, entre outros, o xefe da Policía Local da cidade, Eduardo Pita, e representantes do concesionario no que se adquiriu o turismo. “Continuamos ampliando o parque móbil da Policía Local, para ofrecer cada día un mellor servizo á cidadanía”, explicou Ferreiro, que avanzou que “hoxe mesmo comezará a circular polas rúas da cidade, reforzando a seguridade cidadá”, explicou Ferreiro.

A rexedora local indicou que se trata dun modelo Ford Kuga Hybrid, no que o Concello investiu 40.000 euros para dotalo de etilómetro, e o equipamento preciso para atender casos de detencións, asientos posteriores doutro material, cinturóns especiais, mampara, sen apertura de ventás dende as portas traseiras, sen manillas nas portas traseiras…

O parque móbil da Policía Local de Narón queda actualmente integrado por un total de nove vehículos.

Lea también

O Pazo da Cultura acolle a “XXXV Gala do Deporte de Narón”

O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres 22 unha nova edición, a trixésimo …