Representación da obra «Malvivir» coa interpretación de Aitana Sánchez Gijón, Narón

O Padroado da Cultura de Narón remata o programa para os dous primeiros meses do ano no Pazo da Cultura coa representación, este sábado 19 de febreiro ás 20.00 horas, da obra “Malvivir”, da compañía Ay Teatro, cun elenco formado por Aitana Sánchez Gijón, Marta Poveda e Bruno Tambascio.

A peza conta en primeira persoa a vida secreta dunha muller, Elena de Paz, libre, rebelde, ladroa, mentireira e fuxitiva que desafía todas as convencións da súa época.

Malvivir é a viaxe á cara escura do Século de Ouro; un percorrido polas distintas capas sociais, escenarios e personaxes dunha época turbulenta e fascinante. Malvivir é tamén a historia do amor desgarrado e salvaxe entre Elena e Montúfar; dous pícaros miserables nunha España de esplendor e fame negra, de ilusión e engano, de fe e bruxería, de ilusión e morte.

Ay Teatro presenta unha visión tragicómica do século XVII, unha reflexión sobre a liberdade e a supervivencia e un rescate da literatura picaresca feminina do Barroco.

As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado de Cultura: www.padroadodecultura.es

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …