Curso de Soldadura TIG dirixido a persoas desempregadas de Narón

O Concello de Narón abrirá este martes, día 8 de febrero, o prazo de inscrición nun curso de Soldadura TIG do Programa Municipal de Formación.

A acción formativa diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón, tal e como recordou a concelleira de Formación, Natalia Hermida, que incidiu en que para poder realizar o curso é preciso dispoñer da acreditación da formación básica en Prevención de riscos laborais (60 horas, válido para o sector do metal), debendo presentar unha copia do diploma ou certificación do mesmo coa solicitude.

As inscricións poderán tramitarse dende o citado martes, ás 8.30 horas ata o 15 de febreiro ás 13.30 horas. O curso dispón dun total de oito prazas e para a selección do alumnado, as persoas que cumpran os requisitos serán chamadas para realizar unha entrevista.

A acción formativa consta dun total de 100 horas que se impartirán no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. As sesións iniciaranse o 3 de marzo e rematarán o 6 de abril. As clases en aula serán de luns a venres entre as 16.00 e as 20.00 horas.

Fundamentos do procedemento TIG; electrodos, características, selección, afiado; técnicas de soldeo TIG aplicadas a cada tipo de xunta e posición; soldabilidade dos aceiros inoxidables, aceiro ó carbono, aluminio e cuproníquel e soldeo TIG con corrente continua de polaridade directa e inversa e xeradores de alta frecuencia son os contidos que se abordarán no curso.

As inscricións poden realizarse no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres entre as 8.30 e as 13.30 horas, na Sede Electrónica do Concello ou a través dos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Para recibir máis información pódese consultar a páxina web do Concello, a Sede Electrónica de Narón ou chamar ó número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1108 e 1109)

Lea también

La AVV de Piñeiros Narón convoca una reunión para tratar la mejora de la seguridad vial de la carretera do Feal

  José Francisco Pita presidente de la Asociación Vecinal de Piñeiros expone a través de …