O BNG de Ferrol esixe a Mato que prorrogue o capítulo de investimentos do orzamento municipal

Iván Rivas e María do Mar López en rolda de prensa | Adán Puentes

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, esixiu esta mañá ao goberno municipal de Angel Mato que prorrogue o capítulo de investimentos consignado nos orzamentos municipais do ano 2021 cuxa prórroga ten previsto abordar este martes a comisión de Facenda.

Pediu a Angel Mato que incorpore os investimentos consignados no orzamento do ano 2021 «por tratarse de compromisos adquiridos cos veciños e veciñas desta cidade. Por iso mesmo o goberno local debe levalos adiante durante este ano 2022

Lembrou que os investimentos consignados nos orzamentos municipais superaban os 22 millóns de euros «e o goberno municipal só consigna na prorroga 206.589,30 €«. Os investimentos consignados «deben ser executados o antes posíbel xa que sería un erro maiúsculo que por parte do goberno local non se desenvolvesen, tendo en conta que o contexto actual é un contexto circustancial produto da suspensión das regras fiscais de carácter estatal no que polo tanto non existen limitacións de gastos e polo tanto sería un erro que por parte do goberno municipal non se executasen eses investimentos que xa estaban consignados

A execución da partida consignada nos orzamentos municipais do ano 2021 para os investimentos significarían, cando menos, «un punto de inflexión na política económica desenvolvida neste Concello desde o ano 2012, que se caracterizou por recortar servizos públicos, recortar investimentos o que ten sumido aos veciños e veciñas desta cidade nunha política de austeridade económica que exclusivamente está beneficiando as grandes entidades financeiras e as empresas concesionarias que prestan servizos públicos neste Concello de maneira cada vez máis económica e en peores condicións para as persoas

Lea también

Ferrol en Común demanda una campaña policial urgente para evitar los destrozos de los maderistas

La falta de control de los vehículos pesados de carga y descarga de madera es …