O Concello de Narón organiza unha nova edición de “Coidémonos xunt@s”. O edil de Sanidade, Santiago Galego, explicou que se trata dun programa que se dirixe a persoas que teñen diagnosticada unha doenza crónica e que queiran facer exercicio adaptado á súa situación para axudar ao seu corpo a levar mellor o proceso da
enfermidade.
O edil naronés indicou que o obxectivo da convocatoria é acadar un maior benestar bio psico e social das persoas con enfermidades crónicas. A convocatoria iniciarase este mes e desenvolverase ata xuño deste ano no Centro Cívico Social de Xuvia, donde se programaron dous grupos. Un deles reunirase os luns de 10.30 a 11.30 e os venres de 10.00 a 11.30 e o outro os luns e os venres de 11.30 a 13.00 horas. En total ofértanse dez prazas, cun máximo de dez persoas por quenda e poderán anotarse, dende hoxe, persoas empadroadas en Narón, maiores de 18 anos e con doenzas crónicas.
As persoas interesadas en inscribirse –de balde- poden facelo dende este luns, día 10, e ata o vindeiro 13 de maio –ás 13.30 horas- a través do Rexistro do Concello, da Sede Electrónica, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Para obter máis información pódese contactar co Servizo Sociocomuntiario municipal, no primeiro andar do Concello ou chamando ao teléfono 981 337 700 (extensións 1115, 1108 e 1109).