Axenda deste venres en Narón

Este venres, día 7 de xaneiro terá lugar a actividade: Concerto de Ara Malikian ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura de Narón

O violinista español de orixe libanés Ara Malikian abrirá a programación deste ano no Pazo da Cultura coa presentación do seu último espectáculo, “Ara”, dentro da xira “Ara Malikian World Tour”.

As entradas aínda dispoñibles poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Lea también

Enquisa sobre igualdade no deporte en Narón: tres de cada catro clubs ven necesaria máis formación

O Concello de Narón vén de facer públicos os resultados da enquisa sobre violencia machista …