O concello de Narón colabora coa campaña da Agrupación de Libreiros

O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, entregou este martes, día 4 de xaneiro, ó presidente da Agrupación de Libreiros de Ferrolterra, Antonio Martínez, un millar de bolsas de material reutilizable para contribuír á campaña iniciada polo colectivo baixo o lema “Protexamos as librarías de barrio, protexamos o medio ambiente”.

Esta campaña lévase a cabo un ano máis durante a tempada do Nadal, coincidindo coa de promoción de comercio de proximidade, tal e como indicou Pita. As bolsas distribuiranse entre a clientela que realice compras nas librarías da zona.

“Esperamos que a xente aposte pola compra de libros, para fomentar a lectura, mercando nos negocios de barrio”, apuntou Pita.

Pola súa banda, Antonio Martínez asegurou que “queremos que a xente vexa que hai librarías nos barrios e que merque nelas”, destacando a importancia destes establecementos á hora de ofrecer unha gran variedade de artículos á cidadanía.

Lea también

Presentación no Cimix de Narón do libro “El tranvía de Ferrol a Neda”, de Tomás Casal Pita

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, acompañou este xoves a Tomás Casal no acto de …