Concerto do violinista Ara Malikian no Pazo da Cultura de Narón

O Pazo da Cultura de Narón acollerá este venres, día 7 de xaneiro, ás 20.30 horas o concerto do violinista español de orixe libanés Ara Malikian.

O artista, afincado en Madrid, será o encargado de abrir a programación dos dous primeiros meses do ano no Pazo, onde presentará o seu último espectáculo, “Ara”, no marco da xira “Ara Malikian World Tour”.

As últimas entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura, a un prezo de 58 euros no patio de butacas, 52 na planta 1 e 48 na planta 2.

O concerto terá unha duración de case dúas horas, un tempo no que Malikian presentará o seu novo disco, no marco dunha xira que, tal e como el mesmo explica, é o resultado de ver medrar ó seu fillo e do seu crecemento ó seu carón. “É todos eses sons e melodías que intentan darlle forma ó que sentín e me inspirou el e da vida a través del”, indica, recalcando que “é unha homenaxe a eses seres que son tan libres como un paxaro libre”.

O novo disco, segundo explicou o propio Malikian, xurdiu tras pasar horas de confinamento xunto co seu fillo, de sete anos, un tempo no creceron xuntos e que reflicte no seu traballo con sons e melodías inspiradas no seu fillo e na vida en xeral.

O prestixioso violinista obtivo numerosos galardóns a nivel internacional, grazas ao seu excepcional talento para tocar este instrumento musical por todo o mundo. A súa anterior actuación no Pazo da Cultura tivo lugar no ano 2017, para presentar “La increíble gira del violín”, que obtivo unha excelente acollida.

Lea también

BNG de Narón reclama reunión da Comisión especial de seguimento da praga das moscas no Val

O BNG de Narón reclama ao goberno municipal a convocatoria dunha reunión da Comisión especial …