Obradoiros de dinamización sociocultural dirixidos a persoas maiores en Narón

A concelleira de Benestar Social, Catalina García, anunciou a convocatoria de tres obradoiros de dinamización sociocultural dirixidos ás persoas maiores da cidade, baixo o programa “Concerto de Nadal”

O grupo musical Los Zares encargarase da animación musical destas convocatorias, de balde, e que rematarán cada día cun chocolate con churros que se servirá ós participantes.

As sesións programadas terán lugar o 21 de decembro ás 18.30 horas na Asociación de Maiores de Pedroso; o 22 ás 17.00 horas no Club de Xubilados e Pensionistas de Santa Icía e o 23 deste mes ás 17.00 horas no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros.

As persoas maiores interesadas en participar como público poden anotarse nos citados centros, tal e como indicou García.

A edil naronesa animou ós veciños maiores da cidade a asistir a estas convocatorias, “nas que poderán desfrutar dun amplo repertorio de cancións da década dos 70 e 80 e compartir un tempo de lecer e diversión, respectando en todo momento as medidas sanitarias”.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …