Narón-Marta Grandal segue como responsábel local do BNG

Novo consello do BNG

O BNG de Narón realizou a pasada fin de semana unha asemblea para renovar os seus cargos no local social de Doso. Alí, aprobaron por unanimidade a renovación do consello local e márcanse como obxectivos seguir a medrar a organización en Narón e a tendencia a alza nas eleccións mellorando os resultados para as vindeiras municipais.

 Marta Grandal, responsábel local nos últimos dous anos, segue no cargo nun consello onde chegan novas incorporacións como a psicóloga Pili Carballeira, Suso Doce ou o ex-traballador de Siemens – Gamesa Carlos García. Ademais continúan no consello Ánxel Rial como vicerresponsábel, o grupo municipal (Olaia Ledo e Geno Carballeira) Marcos Sánchez e Karina Rosario.

Para nós o importante é retomar a continuidade das asembleas e que a nosa organización estea na rúa escoitando e traballando para a veciñanza. Cada día somos máis e, como octava cidade de Galiza, temos a responsabilidade de facer o mellor traballo e axudar a ter unha presindenta nacionalista nas vindeiras eleccións galegas. Ademais, antes temos unhas municipais nas que como mínimo aspiramos a dobrar os resultados que xa foran ascendentes nas últimas” indica Marta Grandal,
responsábel local do BNG.

“No BNG traballamos para que neste país poidamos vivir mellor e para iso fai falta un cambio de rumbo, tamén en Narón. Por iso presentamos iniciativas non só no concello se non tamén recollendo sinaturas, xornadas formativas como as que fixemos do compostaxe ou urbanismo inclusivo e tamén no parlamento galego e no congreso como a última sobre a paralización e solución dos desafiuzamentos en Piñeiros.” indica Grandal.

Na asemblea tamén se fixo mención especial ás persoas que nesta última etapa estiveron no consello e que agora seguirán na asemblea e comisións sectoriais “o mellor do BNG é a súa militancia, sempre disposta no lugar que lle toca en cada momento” . Especial mención a Xosé Fandiño, ex concelleiro de promoción económica e un dos responsábeis da comunicación no BNG de Narón que volveu ao seu traballo previo de xornalista e continúa asesorando á localidade.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …