Narón-Xornadas informativas sobre “Especies exóticas invasoras”

O Concello de Narón dará continuidade ás xornadas informativas sobre “Especies exóticas invasoras” que comezaron a principios de mes no Alto do Castiñeiro.

O edil de Medio Ambiente, Santiago Galego, avanzou que a partir do vindeiro luns retomaranse estas sesións, tal e como se anunciara, na zona urbana e rural da cidade. A primeira das citas programadas será o vindeiro luns, día 29 de novembro, ás 19.00 horas nas instalacións da Cooperativa do Val. A entrada é libre ata completar o aforo dos locais nos que se impartirán. Un profesional do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) será o encargado de impartir as charlas sobre “Especies exóticas invasoras”.

As seguintes xornadas terán lugar no mes de decembro, o vindeiro venres, día 3 de novembro, ás 20.00 horas no local social de Xuvia; o xoves 9 ás 19.30 no local social de Sedes; o luns 13 ás 19.30, no local social de Doso; o xoves 16 ás 19.30 no de Pedroso e a última será o venres 17 ás 19.00 horas no local social da Gándara.

Durante as sesións o profesional do CEIDA ofrecerá ós asistentes información sobre as especies exóticas invasoras, sobre as que ten competencias a Xunta de Galicia. A importancia da súa erradicación e as medidas de control destas especies, para evitar a súa proliferación, serán dúas das cuestións sobre as que se realizará especial incidencia, tal e como apuntou Galego.

O edil naronés animou á veciñanza a acudir a estas convocatorias, para coñecer de primeira man a gravidade da expansión destas especies e poder realizar a un profesional nesta área as preguntas que considere oportunas.

Lea también

Narón iza a bandeira galega na Casa da Cultura

O Concello de Narón  programou para este sábado coincidindo co 23 de novembro, festividade local, …