Este venres, presentación do recetario “Narón, produtos da ría”

O Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros acollerá este venres, día 19 de novembro, ás 18.30 horas, o acto de presentación do recetario O Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros acollerá este venres, día 19 ás 18.30 horas, o acto de presentación do recetario “Narón, produtos da ría”. 

Así o indicou o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, explicando que se trata dunha convocatoria aberta á cidadanía, con aforo limitado para 50 persoas e que se completará por orde de chegada. “Editamos un total de 8.000 exemplares que se distribuirán polas asociacións veciñais, o GALP, a oficina de Turismo da Xunta, asociación de hostaleiros de Ferrolterra, locais de hostalería, confrarías de Ferrol e Barallobre, a cooperativa do Val, Biblioteca e ludoteca municipais, centros de ensino… co fin de que cheguen á maior xente posible”.

O libro contén varias recetas con diferentes produtos da ría e elaboradas por profesionais do sector da hostalería de Narón e inclúe ademais varias “pequerecetas” seleccionadas e elaboradas por un restaurante local e coordinadas por un profesional no sector. Está escrito en galego, castelán e inglés e con imaxes de cada unha das propostas gastronómicas.

Pita avanzou tamén que tralo acto de presentación haberá unha degustación de ameixas e zamburiñas. “É importante que a xente coñeza diferentes xeitos de elaborar receitas con este tipo de produtos de proximidade, dos que temos unha gran variedade e calidade na ría e que contribúen tamén a fortalecer este sector e o hostaleiro, aos que quero agradecer a súa colaboración”, asegurou.

O Concello de Narón promove esta iniciativa en colaboración co GALP Golfo Ártabro Norte e a Consellería do Mar a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …