Narón-A compañía Pentación Teatro representa a comedia «Viva la Pepa»

O Pazo da Cultura acollerá este sábado, día 23 de outubro, ás 20.00 horas, a representación do espectáculo “Viva la Pepa”, da compañía Pentación Teatro.

O Padroado da Cultura realizou un cambio na programación por motivos da Covid-19 que obrigou a suspender a representación da obra «Mocha Dick» de compañía La Mona Ilustre, ó ser unha compañía chilena sen autorización para viaxar.

O espectáculo “Viva la Pepa” enmárcase no xénero da comedia e conta entre o seu elenco coa actriz Pepa Rus, coñecida polos seus traballos nas series de televisión La que se avecina, Gym Tony e Aída (interpretando nesta última a «Macu»), entre outros.

As entradas aínda dispoñibles ata completar aforo poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo da Cultura, a un prezo de 12 euros para público xeral e de 8,40 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos)

Lea también

Lidl alcanza las 40 tiendas en Galicia con su nueva apertura en Narón

Lidl abrirá este viernes su primera tienda en la localidad coruñesa de Narón, estreno con …