Narón-Proxección da película “Dhogs” do Ciclo de cine en galego

O Ciclo de cine en galego organizado polo Padroado da Cultura do Concello de Narón e o Cineclube Serie B continúa este xoves, día 7 de outubro, coa proxección, ás 20.00 horas, da terceira das catro películas contempladas no programa, «Dhogs».  Trátase dun filme dirixido por Andrés Goteira e que foi o máis premiado dos recoñecidos galardóns Mestre Mateo, nos que obtivo trece premios.

Melania Cruz, Carlos Blanco, Antonio Durán «Morris» María Costas e Miguel de Lira forman parte do reparto desta película. Un executivo que tras unha intensa xornada de traballo vai a un luxoso hotel a descansar, coñecerá a unha muller á que invita a unha copa e coa que ten unha aventura. Cando ela se dirixe á súa casa é secuestrada polo camiño.

A última proxección deste ciclo será o vindeiro 14 de outubro, cando se poderá ver no Pazo, tamén ás 20.00 horas «Eroski Paraíso» (2019), dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron, galardoada nos Mestre Mateo nas categorías de mellor protagonista feminino e masculino.

A Federación de Cineclubes de Galicia (Feciga), o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) e a Xunta de Galicia colaboran tamén nesta iniciativa, con entrada de balde.

Lea también

Narón acoge en el CC Odeón la exposición de Roberto Marín, ‘Una mirada cofrade’

La plaza de Eventos del Centro Comercial Odeón ha inaugurado este viernes 11 la exposición …