Narón-Feira de desenvolvemento rural “Rexenera Aventunarón” no recinto do Trece

A programación da Feira de Desenvolvemento rural «Rexenera Aventunarón» continúa desenvolvéndose este sábado 2 de outubro e o domingo 3, no recinto feiral do Trece, en Sedes. Os edís de Medio Ambiente, Santiago Galego e Igualdade, Mar Gómez, estiveron esta mañá no evento, donde se concentran empresas e profesionais vencellados ó turismo, á sustentabilidade, á innovación e á enerxía.

Galego destacou que se trata dunha convocatoria «na que a xente está participando activamente nas ponencias que se imparten ao longo do día e tamén nos obradoiros e, ao mesmo tempo, as propias empresas aproveitan as sinerxias entre elas, algo que é tamén un dos obxectivos desta convocatoria»

Ó longo do sábado tiveron lugar ponencias sobre «O adestramento e a supervivencia» «O novo turista de natureza» e «Modelo de desenvolvemento sostible do territorio» Así mesmo, á entrada dunha das naves do recinto, menores e adultos tiveron a oportunidade de aprender a facer lume empregando diferentes sistemas. Pola tarde ás 16.00 horas haberá unha charla sobre «Ecoturismo e conservación da águia pescadora na bahía de Santander» outra do «Modelo de desenvolvemento sostible do territorio» de 17.00 a 18.15 horas, e unha última de «Pegada de carbono e sostibilidade turística no entorno rural» de 18.30 a 19.30

A maiores, tralos obradoiros desta mañá sobre medio ambiente, e tacfit e unha exhibición cun vehículo motobomba, esta tarde, ás 16.00 horas haberá outro obradoiro de carácter medioambiental, ás 17.00 un sobre a auga e o lume e o último a partir das 18.00 horas de refuxio e nós.

A Feira «Rexenera Aventunarón» rematará mañá. Ás 10.30 horas haberá unha ponencia sobre «Invasoras no noso contorno» a cargo de persoal de Adega, e de 12.00 a 13.00 horas Laura Calvo e Jorge Gude, presentarán o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Medioambiental de Galicia (CEIDA) e as súas principais liñas de traballo. Tamén ás 12.00 horas terá lugar un obradoiro sobre «Que é o que chega ás nosas costas polo noso malfacer»

Lea también

La AD Náutico de Narón obtiene buenos resultados en el Cto de España de Duatlón

Buenos resultados del Shark Team en el Cto de España de Duatlón disputado en Ciudad …