O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol pediu esta mañá ao alcalde da cidade que solicite ao Ministerio de Defensa a paralización da venda da antiga sede de Facenda na cidade e a súa cesión gratuita ao Concello.
Iván Rivas, portavoz do BNG, indicou que este feito «volve a poñer en evidencia a incomprensíbel actitude do Ministerio de Defensa que se nega a ceder as instalacións sen uso que ten na cidade pero ao mesmo tempo as mantén nun estado de abandono absoluto».
O BNG destaca que o Ministerio de Defensa posúe na nosa cidade máis de medio centenar de instalacións desafectadas nas que se inclúen: terreos, vivendas, vellos cuarteis, estradas, entre outras, «que ocupan en total unha superficie de 1.491.592,89 metros cadrados.«
Iván Rivas, portavoz nacionalista, lamenta a «permisividade do actual e dos últimos gobernos municipais de Ferrol co Ministerio de Defensa incapaces tan sequer de afearlle a súa actitude e reclamar un trato económico xusto para con Ferrol«. O BNG considera «vital e de xustiza que o Ministerio de Defensa compense economicamente à cidade por esta elevada ocupación de terreos e tribute polas instalacións que ten na nosa cidade xa que a negativa a tributar do Ministerio condiciona negativamente as posibilidades de desenvolvemento económico do noso Concello pola perda de ingresos.«
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, considera que «non existe nen por parte do Ministerio de Defensa nen por parte do goberno local interese algún en que os bens desafectados por Defensa revirtan gratuitamente no patrimonio municipal e censurou que estas instalacións permanezan sen uso, ao tempo que permanecen nun estado de abandono absoluto.»
Entre los últimos gobiernos municipales ¿sitúa el portavoz del BNG al que correspondió a su propio partido? Lo pregunto porque no me consta que hubiera conseguido gratis la cesión de ningún bien del Ministerio de Defensa.
Como siempre, esta gente quiere todo de gratis. Qué bonito y fácil es disponer del dinero de los demás, verdad? Eso sí, lo de ellos que no se los toquen.