Mugardos- A exposición pública o anteproxecto da nova biblioteca pública

O Concello de Mugardos acaba de poñer a exposición pública o anteproxecto da nova Biblioteca Pública de Mugardos, que xa está visible na web municipal (https://mugardos.gal/consulte-aqui-o-anteproxecto-da-biblioteca-publica-municipal/).

As persoas interesadas en facer aportacións ó documento teñen varias vías para realizalas:

-Telemáticamente, na web do Concello (https://mugardos.gal/es/buzon-de-sugerencias/)

-No Rexistro Xeral do Concello (de luns a venres, de 9 a 14 horas). -Por correo electrónico: participacion@mugardos.gal

O prazo de presentación das suxestións remata o 21 de maio (incluido). Posteriormente, tal e como informou o Alcalde de Mugardos, Domingo Deus, se constituirá un Comité Técnico para estudiar as propostas que se presenten.

Características da nova Biblioteca Pública

O novo edificio se construirá na Avenida de Galicia, número 25. Terá un uso socio-cultural e estará dividido en 3 plantas, con espazos amplios e flexibles. A superficie do inmoble é de 448 m2 e o orzamento de execución do proxecto ascende a 492.400€.

A distribución dos espazos será a seguinte:

-Planta baixa: sala de usos múltiples (charlas, conferencias, etc…)

-Planta primeira: servizo de información e préstamo, e biblioteca infantil e xuvenil.

-Planta segunda e baixocuberta: sala funcional, e biblioteca de público adulto.

Lea también

A Deputación aproba máis de 1M€ para melloras nas estradas en Miño e Oza-Cesuras

O pleno da Deputación da Coruña aproba  por unanimidade investimentos por máis de 1 millón …