O Concello de Ferrol e a Editorial Galaxia recuperan “Alén”, de Xaime Quintanilla

Presentación da reedición de «Alén» | Concello de Ferrol

Este venres era un día especial no Centro Cultural Torrente Ballester, acollendo a presentación da reedición de “Alén”, de Xaime Quintanilla, unha obra recuperada pola Editorial Galaxia e o Concello de Ferrol.

O director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro agradecía poder celebrar este acto “nunha certa normalidade”, coma tamén agradecer o Concello de Ferrol “que entenderán o que queríamos facer”, nunha proposta que “fragouse no último mes e medio”, coincidindo co centenario da obra e puidendo contar cos descendentes de Xaime Quintanilla.

Francisco Castro destacaba que Xaime Quitanilla que “camiñaba por estas rúas para facer o ben e rematou pola violencia fascista”, sendo importante poder recuperar a súa obra cen anos despois. Unha obra que hoxe en día “se podería representar e chamaría a atención pola súa modernidade.

Esta reedición é un “exercicio de memoria histórica e de xustiza”, sendo isto unha das cousas que move a Editorial Galaxia “dende a súa creación.”

Ao mesmo tempo, Francisco Castro reclamaba a posibilidade de que Xaime Quintanilla sexa proposto para ser homenaxeado para o Día das Letras Galegas “xa que cumpre todos os méritos e tan so o Concello de Ferrol ten que facer a proposta.”

O bisneto de Xaime Quintanilla falaba en nome da familia agradecendo o Concello e a Editorial Galaxia “poder reeditar a súa obra e sempre encantado de poder colaborar.”

Ángel Mato: “Xaime Quintanilla é un home de admiración”

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, quería destacar a importancia de este acto, sendo Xaime Quintanilla un home “de admiración, referente no socialismo e galeguismo, cun liderato que non ten o recoñecemento que debera.”

Xaime Quintanilla será recordado “pola súa humanidade, era un home bo, tamén na súa profesión”, onde se lle coñecía coma “o médico dos pobres”. Sempre defendeu os seus ideais “e iso o pagou carísimo.”

Ángel Mato recordaba que o apelido Quintanilla está ligado o Concello de Ferrol, porque o seu fillo fora o primeiro alcalde na etapa democrática “nunha lección de xustiza.”

Ferrol debe sentirse “moi orgulloso de ser moi fértil nas letras”, recoñecendo que todavía “queda moitísimo por facer”, con figuras coma Ricardo Carvalho Calero, Gonzalo Torrente Ballester, Concepción Arenal ou o propio Xaime Quintanilla.

Lea también

MIRALLAS presenta no CIRS de Cervás, Ares «elas pintan moito» no marco do 25N

Este sábado día 23, o grupo MIGALLAS porá en escea o espectáculo “ELAS PINTAN MOITO”; …